Sunday 05 de May de 2024

As xornadas de cociña Larpeiriños achegan aos máis cativos na Coruña a calidade dos produtos das praza de abastos


A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregou no mercado de Elviña os diplomas aos rapaces que participaron nos talleres organizados pola Federación Galega de Prazas de Abastos (Fepragal)

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregou no Mercado de Elviña os diplomas aos rapaces que participaron nesta praza de abastos coruñesa nas xornadas de cociña Larpeiriños, desenvolvidas pola asociación de praceiros e a Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal).

A iniciativa Larpeiriños, dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos, ten como obxectivo achegar aos máis pequenos aos mercados e prazas de abastos e aos produtos de calidade, así como mellorar os seus hábitos alimentarios.

Así, durante varias xornadas, os rapaces non só realizan actividades de cociña, senón que tamén aprenden a diferenciar e elexir a mellor materia prima e a adquirir uns hábitos de alimentación saudable.

Ata o momento, ao redor de 150 rapaces participaron xa nesta actividade que se desenvolveu no mes de abril na praza de abastos de Sanxenxo, na praza de Pontevedra no mes de xuño, na praza de Vilanova de Arousa en agosto, en Moaña en setembro e no mes de outubro desenvolvouse en Bueu e no mercado das Conchiñas da Coruña.